APRENDER OS ÓSOS E OS MÚSCULOS DO NOSO CORPO XOGANDO!
Aquí tedes dous xogos para aprender eses nomes tan raros que teñen os ósos e os músculos do corpo! PICA AQUÍ!ósos e músculos PICA AQUÍ!Para repasar ósos e músculos
Está a chegar o tempo do Samaín, coas súas cabazas, coas súas caveiras, cos seus esqueletos, pero os rapaces e rapazas da nosa clase son os máis valentes de todo o colexio e de seguro que ningún se asusta con estas dúas curtas de medo que vos deixo aí.
Espero que ningún ou ningunha se esconda debaixo da mesa!
COMO XA TRABALLAMOS MOITO COAS SÍLABAS CA CO CU QUE QUI, AGORA PÓÑOVOS AQUÍ UN LIBRO LIM CREADO POR MESTRES DOUTRO COLEXIO PARA QUE PRACTIQUEDES UN POUQUIÑO MÁIS E DE PASO VOS DIVIRTADES.PICA AQUÍ!
CONTO
Hai moito, moito tempo, a avoa dos Ayoreos era un grilo chamado Direjna. Ela era a dona da auga e onde ela estaba atopábase a chuvia.
Un día os seus netos pedíronlle que se fora e ela marchou, triste.
Foi entón cando empezaron os días de calor e sequedade.
A avoa Grilo decidiu vivir no segundo ceo e dende alí envía a auga cada vez que alguén conta a súa historia.
Xa que investigamos un pouquiño sobre a vida dos ratos e aprendemos cousas moi interesantes, imos investigar agora sobre a vida dos grilos. Non ían ser menos, ou que? Pica aquí! Aquí debaixo podes escoitar a canción O GRILO E A RA, cantada polo grupo galego FOL DO VENTO. A canción pertence ao disco titulado CANCIÓNS PARA ANTÍA. A cantar, rapaces e rapazas! FAI CLIC AQUÍ!