Etiquetas

miércoles, 16 de diciembre de 2015

O UNIVERSO 2

Aquí vos deixo máis vídeos para os que queirades botarlle unha ollada.


Aquí aprenderás os dous movementos da Terra: rotación e translación.

viernes, 11 de diciembre de 2015

sábado, 5 de diciembre de 2015

COMEZANDO O PROXECTO

Na clase aprendemos o que eran as mámoas, os dolmens e os petróglifos e, despois, na aula de informática, o arqueólogo Víctor Álvarez falounos sobre a prehistoria na comarca do Deza.

domingo, 29 de noviembre de 2015

O CONCELLO


A vella e a nova casa do Concello de Lalín.








                                                         Edificio da xunta de Galicia


A constitución para nenos.
O congreso dos Deputados en Madrid.
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

domingo, 8 de noviembre de 2015

AS MÁQUINAS

Para saber un pouquiño máis de máquinas simples e compostas, pancas, poleas, parafusos...



lunes, 2 de noviembre de 2015

A MATERIA , ESTADOS, MESTURAS E CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS

Nestes vídeos podedes ver exemplos de todos eses temas.
A MATERIA E OS SEUS ESTADOS. PROPIEDADES DA MATERIA


MESTURAS HOMOXÉNEAS E HETEROXÉNEAS



CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS DA MATERIA


A destilación
A fermentación


domingo, 1 de noviembre de 2015

domingo, 18 de octubre de 2015

jueves, 8 de octubre de 2015

viernes, 19 de junio de 2015

A FRAGA DOS NENOS

Aqui  vos deixo a obra que representastes hai unhas horas, para que gocedes con ela. Estivestes moi ben. Sodes uns artistas!

ALVARIZA

Estas son as fotos do pequeno roteiro que fixemos para ver a alvariza.


AS LEMBRANZAS DOS NOSOS AVÓS

Este é o caderno-libro que fixemos coas lembranzas do monte que recollemos aos nosos maiores. Así podemos coñecer como era antes a vida, tan diferente á de agora.


lunes, 13 de abril de 2015

BARRIGAVERDE

Despois de investigar un pouquiño que era un pazo, os elementos que tiña, etc., fomos de visita ao pazo de Liñares. Alí, ademais de ver o pazo, visitamos o museo da marioneta e percorremos a exposición sobre Barriga Verde, o personaxe que percorría as feiras e festas das vilas e cidades galegas a mediados do século pasado e que moitos aínda lembramos.

sábado, 28 de marzo de 2015

ECOSISTEMAS E POESÍA

O venres reunímonos todo o colexio na biblioteca para recitar poemas relacionados cos ecosistemas que estamos estudando. Os nosos referíanse ao monte. Un era de Neira Vilas e os outros dous de Manuel María. Despois de traballar a súa lectura ao longo da semana, quedaron así.



Ademais, gravamos o poema de Manuel María titulado  o LOBO. Fixemos un pequeno vídeo, con imaxes de lobos e coas nosas voces e así quedou!

miércoles, 18 de marzo de 2015

ESPANTALLO AMIGO

 Para coidar   cada figo naceu  o Espantallo amigo...
Despois de ler a noveliña de Xosé Neira vilas acudimos ver ao grupo de teatro Os Quinquilláns, que adaptaron esta obra. Gustounos moito ver ao can Penexo, ao gato Xirimía ao Grilo e ao Tío Ramón de Reborneda.



A semana pasada tamén fomos  ver ao grupo de títeres Fantoches Baj, que estrearon a  obra musical  Pedro e o lobo, coa música de Sergei Prokofiev. 
No vídeo de baixo podédelos ver no seu obradoiro, construíndo os títeres.

viernes, 6 de marzo de 2015

MULLERES TRABALLADORAS, NENAS TRABALLADORAS

Este é un trabalo feito por compañeiros de outro colexio para coñecer a algunhas das máis importante mulleres traballadoras da historia, que nos foron abrindo camiño en moitos campos.


jueves, 26 de febrero de 2015

ANIVERSARIO DE ROSALÍA, ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

O coñecido poema de Rosalía de Castro revive nas voces das nenas de segundo. E digo nenas, porque cadrou que os nenos non puideron vir á escola a causa da gripe, que este ano non acaba de marchar.
Dá gusto escoitarvos, inda con catarro! A Rosalía tamén lle gustaría!

sábado, 21 de febrero de 2015

viernes, 20 de febrero de 2015

FEBREIRO

Que febreiro é un mes moi frío xa o sabían os noso avós, bisavós, tataravós...Non hai máis ca escoitar esta cantiga popular que aprendemos na clase e que  agora recitades vós. Dá gusto oirvos!

miércoles, 4 de febrero de 2015

INVENTOS

O paso do tempo fai que as cousas cambien e neste vdeo podedes ver como eran antes as cousas e como son agora.


martes, 3 de febrero de 2015

SECTORES PRODUTIVOS

Para que diferenciedes  mellor isto dos oficios  que obteñen produtos, que elaboran produtos e que prestan servizos deixo estes vídeos. Seguro que, despois de velos, resúltavos moi doado de entender!
Elaboración artesanal.

Elaboración industrial, en fábricas.

lunes, 26 de enero de 2015

WANGARI MAATHAI


Aquí tedes a Wangari Maathai, que conseguiu transformar  os chans infértiles de Kenia en chans fértiles, grazas á plantación de centos de milleiros 
de árbores de árbores axudada por moita outra xente de boa vontade.
Esta é a xente que nos gusta! 

ENTRA AQUÍ PARA VER A WANGARI.