Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta TEATRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TEATRO. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de julio de 2017

TEATRO PARA O FESTIVAL


O curso rematou, e coma nos anos anteriores, aquí vos deixo o vídeo do último ensaio ao aire libre para que vos riades un pouco véndovos agora  e para que vos quede un bonito recordo para cando sexades grandes. Que pasedes un bo verán e sigades a ser unhas boas rapazas e uns bos rapaces como ata agora!

viernes, 1 de julio de 2016

A PRINCESA VIOLETA

Aquí tedes  o ensaio final no auditorio desta pequena comedia. Como xa sodes expertas actrices e  expertos actores, saiuvos así de ben! Parabéns a cada un de vós!
Agora, a gozar do verán, para coller forzas para o novo curso.
Pasádeo ben!

miércoles, 22 de junio de 2016

ENSAIAMOS A OBRA DE TEATRO

Na aula de música, a correr, coma sempre, ensaiamos a obra de teatro. Momentos divertidos, nervios e  moitas  risas quedan para o recordo.



violeta - Kizoa Editar Videos - Movie Make


Fotos e máis fotos, antes de ir ao auditorio representar a obra.
E que guapos e guapas  estades!

lunes, 30 de mayo de 2016

ORDOÑO II E ARAGONTA

Xa rematamos os nosos libros sobre o reino de Galicia e, como remate, fixemos a sesión de fotos.
Por un intre, todos fomos Ordoño II e Aragonta, a raíña nacida e criada na comarca do Deza.
A foto está tirada  no salón do  seu Pazo Real, en León, co escudo ao fondo, mentres soaba a Marcha do antigo reino de Galicia! 
Viva  o rei Ordoño!  Viva a raíña Aragonta...!
E moitas grazas a Lorena pola súa colaboración!


viernes, 19 de junio de 2015

A FRAGA DOS NENOS

Aqui  vos deixo a obra que representastes hai unhas horas, para que gocedes con ela. Estivestes moi ben. Sodes uns artistas!

miércoles, 18 de marzo de 2015

ESPANTALLO AMIGO

 Para coidar   cada figo naceu  o Espantallo amigo...
Despois de ler a noveliña de Xosé Neira vilas acudimos ver ao grupo de teatro Os Quinquilláns, que adaptaron esta obra. Gustounos moito ver ao can Penexo, ao gato Xirimía ao Grilo e ao Tío Ramón de Reborneda.



A semana pasada tamén fomos  ver ao grupo de títeres Fantoches Baj, que estrearon a  obra musical  Pedro e o lobo, coa música de Sergei Prokofiev. 
No vídeo de baixo podédelos ver no seu obradoiro, construíndo os títeres.