Etiquetas

sábado, 26 de mayo de 2018

LEMBRANZAS

Os nenos e nenas de primeiro queriamos saber como eran antes as escolas e para iso contamos coa presenza do señor Manolo, o avó de Claudia, ao que lle puidemos facer moitas preguntas, que el contestou amablemente. 
Comprobamos que non se parecían case nada ás de agora!
Este é só un fragmento de todo o que nos contou.
Moitas grazas ao señor Manolo e á mamá de Claudia que o trouxo!

ENTRA AQUÍ!


jueves, 17 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS

Os Bolechas preséntannos a algúns dos homenaxeados no día das Letras Galegas. Pica aí e coñece aos nosos escritores e escritoras.
AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS GALEGAS

martes, 15 de mayo de 2018

OBRADOIRO CON CARLOS SANTOS




O xoves da semana pasada tivemos a visita, sorpresa para os nenos, do pintor colombiano Carlos Santos, que xenerosamente nos agasallou cun obradoiro de pintura con ceras e, ademais, deixounos un debuxo de recordo para todos os nenos e nenas da clase. Estas son as fotos e os vídeos desa preciosa clase Desde aquí dámosche as grazas, Carlos! .PICA AQUÍ