Etiquetas

martes, 23 de diciembre de 2014

jueves, 18 de diciembre de 2014

CHEGA O NADAL!

E chegan tamén as panxoliñas, coma esta que ensaiamos na clase e que se titula Ovos e torresmos. 

Nós  aquí viñemos,

nós aquí chegamos,
e, se nos deixades,
nós aquí cantamos.
Cantamos?

lunes, 15 de diciembre de 2014

CONTACONTOS

Aquí tedes ao ruso enviado polo zar Alexandro I,
ese que tedes aquí debaixo, para percorrer os colexios da comarca do Deza, intentando topar un novo matemático Rodríguez.


viernes, 12 de diciembre de 2014

TRABALLANDO

Elaborando un cartaz sobre os tres grupos de alimentos e aprendendo a comer pratos equilibrados e saudables.

AQUÍ VÉN O NADAL!





Estase achegando o Nadal e nós imos ensaia a panxoliña Ovos e torresmos, a ver que tal nos sae!

martes, 9 de diciembre de 2014

O NOSO MATEMÁTICO





Este é o matemático Rodríguez, o matemático de Bermés (1770-1824). Grazas a el, entre outros, un metro  é un metro aquí e en todo o mundo, pois antes, en cada país, había unha maneira distinta de medir.

El tamén foi o impulsor do primeiro mapa  topográfico  científico de Galicia, que levou a cabo o seu discipulo Domingo Fontán.
PARA SABER MÁIS, ENTRA AQUÍ.



viernes, 28 de noviembre de 2014

miércoles, 26 de noviembre de 2014

ALECRÍN DOURADO


Investigando sobre os ecosistemas de monte atopamos as palabras alecrin  e  chorima, os nomes  que recibe en Galiza a flor do toxo. Pois para ilustrar esta palabra, aquí vos deixo dúas versións desta canción, unha en galego e outra en portugués.


lunes, 24 de noviembre de 2014

sábado, 22 de noviembre de 2014

MARCOS ENTRENENOS

Aquí tedes  un pequeno recordo  da visita de Marcos, que nos acompañou todo o día e ao que fixestes moitas preguntas. Que interesante foi todo o que nos contou!


E así foi a despedida de Marcos, vós facendo de lobetos e lobetas  e el de nai loba. Unha preciosa e ouveante despedida no medio do patio! Auuuuuu...!

jueves, 20 de noviembre de 2014

lunes, 10 de noviembre de 2014

CARBALLOS E SOBREIRAS

Iso foi o que sementamos a outra tarde, aproveitando  unha escampada, landras de sobreiras e carballos. Metemos tres ou catro en cada burato, a ver se algunha dela vai por riba e no futuro temos no patio  un sobreiral e unha carballeira.

lunes, 27 de octubre de 2014

lunes, 20 de octubre de 2014

A NECESIDADE DE RECICLAR

Despois de facer unha lectura sobre os  Bolechas e a reciclaxe,  os nenos e nenas da clase opinaron sobre a necesidade  de reciclar.

miércoles, 17 de septiembre de 2014

UNHA PEGA MERGA REBORDERGA

Comezamos o curso aprendendo un trabalinguas da literatura popular infantil galega e este foi o resultado!

domingo, 22 de junio de 2014

ÚLTIMA VISITA Á HORTA E XANTAR EN MARCELLE

Estas son as últimas fotos: na horta, na excursión ao zoo de Marcelle  e tamén de final de curso para os nenos que pasan a terceiro e  para os  que nos vemos para o ano na aula de segundo. Ata setembro!

sábado, 21 de junio de 2014

ANTÓN, O PRÍNCIPE LAMBÓN

Aquí vos deixo o último ensaio da obra de teatro Antón o lambón que representamos no festival de fin de curso, para que gocedes véndoa cos familiares ou amigos que non puideron estar presentes ese día.
Bo verán!!
 

miércoles, 7 de mayo de 2014

A FALA DOS ANIMAIS


Cada animal ten a súa maneira de falar e para aprender a lingua de cada un deles, aquí tes este libro LIMPICA AQUI!

sábado, 3 de mayo de 2014

SAÍDA CULTURAL

Dentro do proxecto Somos agricultores, coidamos a terra, visitamos a empresa de envasados ecolóxicos Amorodo e a Fundación Galicia Verde, ambas situadas no concello de Forcarei.
En Amorodo, despois de percorrer as instalacións, déronnos a probar as saborosas marmeladas de amorodo e de cabaza.
Na fundación Galicia Verde poidemos observar as hortas onde cultivan as hortalizas a partir de sementes propias dde Galicia, as placas solares, os humidais que crearon a partir das augas residuais (as do váter, por exemplo), os invernadoiros subterráneos... Ademais, agasalláronnos cun amorodo a cada un para que o plantaramos na casa.


jueves, 1 de mayo de 2014

SEGUIMOS COA HORTIÑA

Arrincámoslle as herbas ruíns á nosa horta, facemos os letreiros e espetámolos no medio das hortalizas.

CONCURSO SOBRE AGRICULTURA FAMILIAR

Os nenos e nenas de primeiro ciclo participaron no concurso sobre a agricultura. Consistía en responder a doce preguntas relacionadas co proxecto da agricultura deste ano. Investigando, investigando contestámolas todas e así tivemos opción a entrar no sorteo dun libro por curso. Os graciados foron Hugo de primeiro e  Íker de segundo.


lunes, 28 de abril de 2014

PAXAROS DE GALICIA



Agora que comezou a primavera póñovos aquí este libro LIM que fixen con moito  cariño para que aprendades a coñecer os paxaros que viven arredor de nós e  que nos alegran cada día co seu canto.ENTRA AQUÍ!

sábado, 26 de abril de 2014

A ARTE NO MUSEO THYSSEN-BORNEMISZA



Aquí tedes varios xogos para entrar no Museo Thyssen- Bornemisza de Madrid e coñecer as súas obras xogando.
O XOGO DAS MIRADAS.

PLÁNTÁNDOLLE CARA AO SEÑOR DAS SOMBRAS. 

O LADRÓN. 

Se ademais queres coñecer  o Museo Thyssen-Bornemisza entra e pasea por cada sala de cada un dos andares e descubre todos os cadros que alí hai! 
ENTRA E ESCOLLE O TEU CADRO FAVORITO! 

jueves, 10 de abril de 2014

PALABRAS CON H


Aquí tedes un listado de palabras que  se escriben con H en castelán e a súa correspondencia en galego. Fixádevos ben, porque a veces nun idioma escríbense  con h e no outro non. 
 ENTRA E FÍXATE. 

sábado, 22 de marzo de 2014

PRIMAVERA!

 O papá de Hugo preparounos as hortiñas para que foran máis accesibles á hora de traballar nelas e ademais tróuxonos terra boa e amorodos, cebolas e leitugas para transplantar. Así puidemos festexar a entrada da primavera coidando a nosa horta, ensaiando a lectura dos poemas das árbores e léndoos diante daquelas  as que estaban dedicados: a camelia, o magnolio, o castiñeiro, o loureiro real...


jueves, 20 de marzo de 2014

O XEADO DE SAPO E SEPO

A semana próxima tedes como lectura "El helado" de Sapo y Sepo de Arnold Lobel. Este LIM  que atopei feito por compañeiros de outro cole vennos de marabilla para comprobar se comprendestes ben a lectura. Fixádevos ben!
ENTRA AQUÍ! 
AQUÍ TES UNHA SOPA DE LETRAS. 

sábado, 15 de marzo de 2014

FACEMOS O PAN

O pasado mércores realizamos unha visita cultural ao museo etnográfico Casa do Patrón de Doade. Ademais de coñecer o proceso do liño, os oficios antigos e a maneira de vivir dos nosos avós e bisavós amasamos o pan! E que ben sabían as boliñas que fixemos!

sábado, 8 de marzo de 2014

8 DE MARZO DÍA DAS NENAS TRABALLADORAS

Entrade neste LIM, feito por profesores do ceip de Quiroga,  e coñecede a algunhas grandes mulleres traballadoras galegas. E non esquezades que cando eran pequenas coma vós xa eran grandes traballadoras na escola!
MULLERES TRABALLADORAS GALEGAS. 



domingo, 2 de marzo de 2014

ENTROIDO

Bonecas de trapo, mexicanos, vaqueiros, carapuchiñas...de todo había o venres na nosa clase!
 

lunes, 24 de febrero de 2014

VAIA BIGOTES!

Con cadanseu bigote, asi apareceron hoxe pola mañá os nenos e nenas da clase!
Uns semellábanse a Gustavo Adolfo Bećquer, outros a Salvador Dalí, outros parecían gatos...Estaban simpatiquísimos!

jueves, 13 de febrero de 2014

O CAMIÑO DA ESCOLA

Vós vides a escola en  autobús, pero non sempre foi así. Antes iamos andando ao colexio  e, hoxe en día, en moitos países do mundo,  moitos nenos e nenas pasan moitas dificultades para poder chegar á escola.ENTRA E DESCUBRE COMO É O CAMIÑO DA ESCOLA NOUTROS LUGARES DO MUNDO.

lunes, 10 de febrero de 2014

RECURSOS PARA O PROXECTO DE BIBLIOTECA

Aquí están os recursos para atopar as contestacións ás preguntas do concurso "Somos agricultores, coidamos a terra"
ENTRA E BUSCA.

viernes, 7 de febrero de 2014

ROSALÍA!

O 23 de febreiro celebraremos o día de Rosalía de Castro, a nosa querida poetisa,  e para comezar a gozar dos seus poemas escoitaremos un deles,"Adiós ríos, adiós fontes", musicado polo cantante leonés Amancio Prada.
E para coñecela un pouquiño, aquí tedes un álbum de fotos.ENTRA E MIRA.

Máis abaixo podedes ver os cadros pintados polo seu fillo Ovidio Murguía de Castro.

O CARRIÑO DE VÍCTOR

Estes días foi o papá de Víctor o que nos fixo un carriño. Este, ademais de ter eixo, estadullos, cabezalla e chavella, coma o carriño de Antía, ten canizas, para que non lle caia a carga e un xugo para enganchar o carro ás vacas! Agora xa só nos faltan as vacas para que o carro comece  a andar e a cantar!

miércoles, 29 de enero de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS

Onte partiron cara a casa dos nenos/as as mochilas viaxeiras, unha para cada curso, cheas de libros e películas, para gozar deles en compañía!

O CARRIÑO DE ANTÍA

Este é o bonito carro que nos fixo o pai de Antía, cos seus estadullos, co seu eixo, coa súa cabezalla, coa súa chavella...!


miércoles, 22 de enero de 2014

ASÍ LEMOS!

Estes día, os nenos  e nenas de primeiro e segundo, preparamos a lectura do poema O carro de Manuel María e aquí están os resultados.

jueves, 16 de enero de 2014

O CARRO

Este grupo galego chámase Fuxan os ventos e aquí están cantando unha canción que se titula O carro inspirada no poema de... Manuel María. Si, si, o mesmiño que vós estades lendo na clase!




O
 CARRO

MASCULINO E FEMININO



APRENDE QUE PALABRAS SON MASCULINAS E CALES FEMININAS!

domingo, 12 de enero de 2014

PAISAXES DE INTERIOR E PAISAXES DE COSTA


Estes son varios recursos para aprender a coñecer os elementos da paisaxe de costa e da paisaxe de interior.



ENTRA AQUÍ.
ENTRA AQUÍ. PARA VÓS É MELLOR QUE O DE RIBA.
ENTRA AQUÍ E COLOCA O NOME EN CADA LUGAR.
PARA OS QUE QUEREN SABER MÁIS.
ESTE É UN LIBRO LIM SOBRE A PAISAXE DE INTERIOR PARA OS QUE QUEREN INVESTIGAR.
ESTE É UN LIBRO LIM SOBRE A PAISAXE DE COSTA PARA OS QUE QUEREN INVESTIGAR.

ALDEAS, VILAS E CIDADES


Fixádevos nestas imaxes , a ver se recoñecedes e diferenciades as aldeas, as vilas e as cidades.

MIRAMOS AS COLES E PLANTAMOS OS ALLOS E AS CEBOLAS

O venres pola tarde fomos ver como estaban as nosas coles e levamos unha alegría cando vimos o que medraran dende antes das vacacións de Nadal!
As nosas valentes coles resistiron os fríos das xeadas e os fortes ventos e abundantes chuvias de varios temporais!
De paso, plantamos os allos e as cebolas. Por riba da terra botámoslle borralla.