Etiquetas
- ABECEDARIOS (1)
- ADIVIÑAS (1)
- ADXECTIVOS (1)
- ALIMENTACIÓN (4)
- ANIMAIS (10)
- APARATO CIRCULATORIO. CORPO HUMANO (1)
- APARATO DIXESTIVO (1)
- APARATO RESPIRATORIO. CORPO HUMANO (1)
- ARTE (1)
- CANCIÓNS (14)
- CELEBRACIÓNS (1)
- CIENCIA. OS NOSOS VECIÑOS PREDILECTOS (1)
- CIÉNTIFICOS (1)
- COIDAMOS A TERRA (2)
- CONTOS (5)
- CONTOS GALEGOS (4)
- contos infantil (5)
- CONTOS PRIMEIRO CURSO (1)
- COÑECEMENTO DO MEDIO (17)
- CORPO HUMANO (10)
- CREACIÓNS DOS ALUMNOS (1)
- CURTAS (3)
- CURTAS DE ANIMACIÓN (7)
- DENTADURA.CORPO HUMANO. (1)
- DICIONARIO GALEGO (1)
- EDUCACIÓN ARTÍSTICA (1)
- EMOCIÓNS (3)
- FOTOGRAFÍAS (38)
- GRAMÁTICA DO GALEGO (1)
- HISTORIA (1)
- INFANTIL (5)
- INFANTIL VALORES (25)
- INFOGRAFIA (2)
- IOGA (7)
- LECTURAS EN CASTELÁN (2)
- LECTURAS EN GALEGO (1)
- LECTURAS PARA INVESTIGAR (3)
- LIBROS LIM (1)
- LITERATURA. COÑECEMOS AOS ESCRITORES (7)
- MEDIOAMBIENTE VIDEOS (4)
- MEDO (1)
- MÚSICA (7)
- O UNIVERSO (4)
- OBRADOIRO DE ESCRITURA (2)
- ORDEN ALFABÉTICO (1)
- ORTOGRAFÍA LENGUA CASTELLANA (1)
- ORTOGRAFÍA LINGUA GALEGA (3)
- OUTRAS REALIDADES (1)
- PAISAXES (3)
- PARA MIN (10)
- PARA NAIS E PAIS (18)
- PLANTAS E ÁRBORES (3)
- POESÍA (3)
- POESÍAS EN GALEGO (3)
- PRESENTACIÓNS (1)
- PRIMEIRO CURSO (24)
- PROXECTO AUGA (1)
- PROXECTO ECOSISTEMAS (5)
- PROXECTO HISTORIA (3)
- PROXECTO: SOMOS AGRICULTORES (15)
- PSICOMOTRICIDADE INFANTIL (10)
- REC (1)
- RECICLAXE E MEDIO AMBIENTE (19)
- SEGUNDO E TERCEIRO (21)
- SINÓNIMOS E CONTRARIOS (1)
- TEATRO (6)
- TRABALINGUAS (2)
- TRADICIÓNS GALEGAS (1)
- VALORES (35)
- VIDEOS DOS NENOS (27)
- VÍDEOS INTERESANTES (7)
- XEOGRAFÍA (5)
- XOGOS (2)
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO: SOMOS AGRICULTORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO: SOMOS AGRICULTORES. Mostrar todas las entradas
sábado, 31 de mayo de 2014
sábado, 3 de mayo de 2014
SAÍDA CULTURAL
Dentro do proxecto Somos agricultores, coidamos a terra, visitamos a empresa de envasados ecolóxicos Amorodo e a Fundación Galicia Verde, ambas situadas no concello de Forcarei.
En Amorodo, despois de percorrer as instalacións, déronnos a probar as saborosas marmeladas de amorodo e de cabaza.
Na fundación Galicia Verde poidemos observar as hortas onde cultivan as hortalizas a partir de sementes propias dde Galicia, as placas solares, os humidais que crearon a partir das augas residuais (as do váter, por exemplo), os invernadoiros subterráneos... Ademais, agasalláronnos cun amorodo a cada un para que o plantaramos na casa.
En Amorodo, despois de percorrer as instalacións, déronnos a probar as saborosas marmeladas de amorodo e de cabaza.
Na fundación Galicia Verde poidemos observar as hortas onde cultivan as hortalizas a partir de sementes propias dde Galicia, as placas solares, os humidais que crearon a partir das augas residuais (as do váter, por exemplo), os invernadoiros subterráneos... Ademais, agasalláronnos cun amorodo a cada un para que o plantaramos na casa.
jueves, 1 de mayo de 2014
SEGUIMOS COA HORTIÑA
Arrincámoslle as herbas ruíns á nosa horta, facemos os letreiros e espetámolos no medio das hortalizas.
CONCURSO SOBRE AGRICULTURA FAMILIAR
Os nenos e nenas de primeiro ciclo participaron no concurso sobre a agricultura. Consistía en responder a doce preguntas relacionadas co proxecto da agricultura deste ano. Investigando, investigando contestámolas todas e así tivemos opción a entrar no sorteo dun libro por curso. Os graciados foron Hugo de primeiro e Íker de segundo.
sábado, 22 de marzo de 2014
PRIMAVERA!
O papá de Hugo preparounos as hortiñas para que foran máis accesibles á hora de traballar nelas e ademais tróuxonos terra boa e amorodos, cebolas e leitugas para transplantar. Así puidemos festexar a entrada da primavera coidando a nosa horta, ensaiando a lectura dos poemas das árbores e léndoos diante daquelas as que estaban dedicados: a camelia, o magnolio, o castiñeiro, o loureiro real...
sábado, 15 de marzo de 2014
FACEMOS O PAN
O pasado mércores realizamos unha visita cultural ao museo etnográfico Casa do Patrón de Doade. Ademais de coñecer o proceso do liño, os oficios antigos e a maneira de vivir dos nosos avós e bisavós amasamos o pan! E que ben sabían as boliñas que fixemos!
lunes, 10 de febrero de 2014
RECURSOS PARA O PROXECTO DE BIBLIOTECA
Aquí están os recursos para atopar as contestacións ás preguntas do concurso "Somos agricultores, coidamos a terra"
ENTRA E BUSCA.
ENTRA E BUSCA.
viernes, 7 de febrero de 2014
O CARRIÑO DE VÍCTOR
Estes días foi o papá de Víctor o que nos fixo un carriño. Este, ademais de ter eixo, estadullos, cabezalla e chavella, coma o carriño de Antía, ten canizas, para que non lle caia a carga e un xugo para enganchar o carro ás vacas! Agora xa só nos faltan as vacas para que o carro comece a andar e a cantar!
miércoles, 29 de enero de 2014
O CARRIÑO DE ANTÍA
Este é o bonito carro que nos fixo o pai de Antía, cos seus estadullos, co seu eixo, coa súa cabezalla, coa súa chavella...!
miércoles, 22 de enero de 2014
ASÍ LEMOS!
domingo, 12 de enero de 2014
MIRAMOS AS COLES E PLANTAMOS OS ALLOS E AS CEBOLAS
O venres pola tarde fomos ver como estaban as nosas coles e levamos unha alegría cando vimos o que medraran dende antes das vacacións de Nadal!
As nosas valentes coles resistiron os fríos das xeadas e os fortes ventos e abundantes chuvias de varios temporais!
De paso, plantamos os allos e as cebolas. Por riba da terra botámoslle borralla.
As nosas valentes coles resistiron os fríos das xeadas e os fortes ventos e abundantes chuvias de varios temporais!
De paso, plantamos os allos e as cebolas. Por riba da terra botámoslle borralla.
jueves, 5 de diciembre de 2013
IMOS VER COMO MEDRAN AS COLES
Hoxe á tarde, despois de xantar, aproveitando a raeira de sol do outono fomos ver como andaban as nosas coles. A verdade é que, inda que pequeniñas, estaban moi bonitas, a pesares das xeadas destes días. Mesmo parecía que tamén elas gozaban coa raeira de sol.
sábado, 2 de noviembre de 2013
CARTEL
Entra neste cartel e goza cos vídeos, fotografías, refráns, poemas e cancións que atoparás nel relacionados co proxecto: SOMOS AGRICULTORES, COIDAMOS A TERRA.
ENTRA E GOZA.
ENTRA E GOZA.
domingo, 13 de octubre de 2013
ALIMENTOS VEXETAIS
Entrade nestes cadernos e aprendede a coñecer todos os ALIMENTOS VEXETAIS. Algúns deles plantarémolos nas nosas hortiñas, ao longo do curso.
ENTRA AQUÍ PARA VER AS HORTALIZAS!
ENTRA AQUÍ PARA COÑECER AS FROITAS.
ENTRA AQUÍ PARA COÑECER OS LEGUMES.
ENTRA AQUÍ PARA COÑECER OS FROITOS SECOS.
viernes, 11 de octubre de 2013
PREPARANDO A HORTA
Como din Sapo e Sepo, a horta da moito traballo! Hai que sachar e arrincar os torróns, hai que quitar as pedras, hai que facer un valado para protexer as hortalizas que sementaremos cando a Lúa sexa propicia...Pero cando as coles medren dará moito gusto comelas no caldiño que Marta, a cociñeira, nos cociñe!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


