Etiquetas

viernes, 23 de noviembre de 2012

COÑECEMOS A CARLOS FONTES


Ainara quixo saber como era Carlos Fontes, o autor de varios poemas que lemos na clase e que pertencen a un libriño titulado Poemas con piruleta.
Asi que Ainara e todos, aí tedes ao autor!
Para saber un pouquiño del preme.Aquí!

jueves, 22 de noviembre de 2012

COÑECEMOS A ÁNXELES FERRER

Na clase estamos preparando a lectura  "Os señores meses", de Ánxeles Ferrer. Álex está interesado en saber cousas dela, para coñecela un pouquiño, así que aí a tedes!

Se premedes aquí, ademais de saber onde naceu e o que lle gustaba facer de pequena, veredes a portada dos libros que escribiu e que temos case todos na nosa biblioteca. Así que xa sabedes, a lelos!

lunes, 19 de noviembre de 2012

PROXECTO AUGA: OS NENOS E NENAS DA CLASE QUEREN SABER…

-->
POR QUE A AUGA DO MAR É SALGADA?
O sal (cloruro sódico) vén da terra e das rochas. Durante millóns de anos os ríos foron arrastrando ese sal cara o mar.
A auga dos ríos ten moi pouco sal disolto, pero como todos os ríos van dar ao mar, xúntase todo o sal alí.
Pica aquí e coñecerás o mar Morto!Aquí!

miércoles, 14 de noviembre de 2012

martes, 13 de noviembre de 2012

LEO LIONNI

Queriades coñecer a Leo Leonni? Pois aquí o tedes! O autor de Nadarin escribiu moitos contos. Algúns deles podédelos ler na biblioteca : PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO  e FREDERICK.PICA AQUÍ PARA SABER DA SÚA VIDA!