Etiquetas

jueves, 19 de diciembre de 2013

TEMPO DE PANXOLIÑAS

Este é o coro de anxos da clase, cantando unha panxoliña tradicional interpretada por Mini no disco  "O quiquiriquí". Mesmo dá gusto velos!

martes, 10 de diciembre de 2013

XOGOS EN GALEGO

 Ademais do xogo da vaca Connie, aquí tedes este outro xogo para cando teñades ganas de enredar un pouco.
XOGA CON FERVELLO.
O mundo de Milu
OUTRO XOGO MÁIS. 

lunes, 9 de diciembre de 2013

DEBUXAMOS E ESCRIBIMOS SOBRE O OUTONO

Así aproveitamos as raeiras de sol das tardes de outono, para observar, mirar, sentir, escoitar, debuxar e escribir o que cada un percibe.
ENTRA E LE!

jueves, 5 de diciembre de 2013

IMOS VER COMO MEDRAN AS COLES

Hoxe á tarde, despois de xantar, aproveitando a raeira de sol do outono fomos ver como andaban as nosas coles. A verdade é que, inda que pequeniñas, estaban moi bonitas, a pesares das xeadas destes días. Mesmo parecía que tamén elas gozaban coa raeira de sol.

domingo, 17 de noviembre de 2013

APRENDIZAXE COOPERATIVA


 
Seguimos avanzando, pouquiño a pouco, na posta en marcha da aprendizaxe cooperativa. Xa temos un grupo máis, Os Monstros.
De momento, os grupos quedan así, dispostos a mellorar na aprendizaxe un pouquiño máis cada día e axudándovos uns a outros.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

A DENTADURA HUMANA

  

Queres saber como se chaman os dentes que tes na boca?
Recorda que temos:
8 incisivos que cortan,
4 cairos que esgazan,
8 premolares que trituran,
e 12 molares que trituran.
 ENTRA PARA VER A DENTADURA HUMANA.

sábado, 2 de noviembre de 2013

CARTEL

Entra neste cartel  e goza cos vídeos, fotografías, refráns, poemas  e cancións que atoparás nel relacionados co proxecto: SOMOS AGRICULTORES, COIDAMOS A TERRA.
ENTRA E GOZA.

miércoles, 30 de octubre de 2013

NA BIBLIOTECA

Un día calquera na biblioteca, gozando dos libros e da lectura.

CELEBRANDO O SAMAÍN

Que bonitas estaban as cabazas, coas candeas prendidas! E cada unha tiña unha expresión diferente!

sábado, 26 de octubre de 2013

TRABALINGUAS GALEGOS

Déixovos esta mada de trabalinguas para que vos divirtades léndoos e reléndooos  unha e outra vez ata que a lingua non se trabe!ENTRA.

domingo, 20 de octubre de 2013

viernes, 11 de octubre de 2013

PREPARANDO A HORTA

Como din Sapo e Sepo, a horta da moito traballo!  Hai que sachar e arrincar os torróns, hai que quitar as pedras, hai que facer un valado para protexer as hortalizas que sementaremos cando a Lúa sexa propicia...Pero cando as coles medren dará moito gusto comelas no caldiño que Marta, a cociñeira, nos cociñe!

APRENDENDOLERENDO

Aprendendolerendo, un día calquera,  na nosa recén pintada aula, lendo, escribindo, reflexionando, opinando, cantando, aprendendo a respectar aos compañeiros, a  ser autónomos, a respectar e coidar o medio ambiente...
Aprendendolerendo, os tres equipos: Super Fantásticos, Super Cerebros e Super Estudosos.


martes, 8 de octubre de 2013

TRABALINGUAS

Divírtete aprendendo trabalinguas e ten tino de que a lingua non se che trabe!
ENTRA

LECTURAS DE CASTELÁN


Lecturas para practicar o abecedario en castelán.ENTRA.

Lecturas do letrilandia. A historia de cada letra.ENTRA

LECTURAS EN GALEGO


Para ler e pasalo ben, especialmente para os rapaces e rapazas de primeiro.

domingo, 6 de octubre de 2013

DICIONARIO VISUAL INTERACTIVO DE GALEGO



Aquí tedes un estupendo DICIONARIO VISUAL INTERACTIVO para aprender o nomes das cousas . Entrade e aprendede un montón de novo vocabulario e fixádevos tamén como se escriben as palabras. Ala, a xogar e aprender! Ah, e tamén as podedes escoitar!
PICA AQUÍ!

domingo, 23 de junio de 2013

XULIA FALA GALEGO

Xulia é unha nena que vive en Bruxelas ( Bélxica) cos seus pais. Na escola aprende varios  idiomas, pero na súa casa aprende e fala o galego, porque lle gusta, por iso cando vén a Galicia de vacacións se sorprende de que haxa nenos e nenas que non o falen.
Aí vos deixo con Xulia, unha nena da vosa idade moi simpática.ENTRA AQUÍ!

IMOS BRINCAR NO BOSQUE, EN CANTO O LOBO NON VÉN

Aquí tedes unha das cancións de música, para seguir xogando no verán, agora que podedes xogar nas carballeiras.
E esta outra canción vai dedicada aos vosos avós e avoas, para que a escoitedes xuntos. Escoitade que ben soa o piano. A que canta é a señora Carme, a amesma que cantaba a canción de Arao, arao...
 

viernes, 14 de junio de 2013

PROBAMOS O PAN DE MILLO

Álex chegou cun pan de millo (mesturado con trigo) e toda a clase se alegrou moito.
O pan fíxoo o avó de Álex, que se chama Antonio e é panadeiro, así que, dende aquí dámoslle as grazas polo agasallo.
O pan tiña unha cor amarela que parecía "pan de caramelos" e os rapaces e rapazas deseguida deron boa conta del. Robada a robada, miolo e corrosco foi desaparecendo e non quedou migalla del! Máis houbera, máis comeran!
O PAN DO AVÓ ANTONIO

SABE QUE RABEA!

PODES TRAER MÁIS CANDO QUEIRAS!

martes, 11 de junio de 2013

VISITAMOS A FERVENZA DO RÍO TOXA

A FERVENZA DO RÍO TOXA, AFLUENTE DO RÍO DEZA.

 AÍ ESTADES, ASOMADOS AO MIRADOIRO DA FERVENZA!

ALGÚNS PÁSANO MOI BEN!

 AO PÉ DA FERVENZA.

COMO COMEN, CALQUERA OS MANTÉN!

domingo, 9 de junio de 2013

NÓS TAMÉN CREAMOS POEMAS

Á beira do río Deza, rodeados de prados e carballeiras, pasamos unha soleada mañá de xuño, aprendendo a coñecer as árbores, arbustos e plantas
máis comúns e escribindo poemas arredor da auga. 
Á volta realizamos unha boa acción: apañamos o lixo que atopamos tirado nas cunetas, o lixo que inda hai xente que tira inconscientemente polo chan, sen pensar que está maltratando a mesma terra que nos alimenta a todos.


Se entras abaixo podes ler as túas creacións e as dos teus compañeiros e compañeiraSs.
ENTRA AQUÍ! 





martes, 4 de junio de 2013

PROXECTO AUGA: VISITA AO MOSTERIO DE CARBOEIRO

Case rodeado pola auga do río Deza, érguese o mosteiro de Carboeiro que visitamos o venres. Como relucían as pedras, as árbores, a auga... Que sorte tivemos co día e que ben o pasamos, non si?






MÁIS POEMAS DA AUGA


miércoles, 29 de mayo de 2013

OS POEMAS DA AUGA

Despois de buscar nos libros da biblioteca poemas relacionados coa auga e de practicar a súa lectura, sentámonos na Cadeira do Rei/Raíña da Poesía e lemos para os demais compañeiros. Escoitade con atención!

martes, 28 de mayo de 2013

ADEUS A ELSA BORNEMANN


Elsa Bornemann morreu hai catro días, en Bos Aires (Arxentina), pero deixounos para sempre  un montón de poemas, contos, pezas de teatro...
Dende a clase de primeiro ciclo queremos facerlle unha pequena homenaxe lendo algúns do seus poemas nestes días.
PICA AQUÍ!Para coñecer un poquiño máis,

jueves, 23 de mayo de 2013

ENTREVISTA A ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Inda que uns días máis tarde, por complicacións técnicas, aquí está a entrevista que a xornalista Ainara fixo ao auténtico Roberto Vidal Bolaño na biblioteca do noso colexio. Esperamos que vos guste!

martes, 14 de mayo de 2013

COLECCIÓN DE FOLLAS



Follas con forma de ovo, de agulla, de palma da man, de corazón... Todas as follas parecen iguais, pero cando as observamos de cerca vemos que cada unha é de súa maneira. Así de marabillosa é a natureza!

viernes, 10 de mayo de 2013

PROTEXENDO AS ÁRBORES

 O outro día descubrimos que as árbores que plantamos con tanto cariño o ano pasado e que criamos arrrasadas polas máquinas segadoras, sobreviviron agochadas entre as herbas. Que alegría volver ver os carballos, castiñeiros, nogueiras e ata unha sobreira. Así que, hoxe pola tarde fómolas protexer. A  ver se nos van por riba!
Mentres traballabamos, unha bubela agasallounos co seu canto. Recordades como facía? Bububú, bububú, bububú...

POEMAS DA AUGA



Despois de buscar poemas relacionados coa auga na biblioteca, amplialos e expoñelos no taboleiro, agora estamos preparando a súa lectura na clase, para poder lelos na biblioteca diante dos outros nenos o día das letras galegas, así coma un texto de teatro de Roberto Vidal bolaño.

miércoles, 24 de abril de 2013

COMO SE SEPARA O LIXO?



Aprender a separar o lixo é moi divertido con estas presentacións prezi. Fíxate ben nelas e logo xoga cos teus compañeiros e compañeiras a ver quen é o gañador ou gañadora dos concursos de separación de lixo!
Decídelle aos vos pais e nais que as vexan con vós, para aprender xuntos a coidar do medio ambiente, porque non podemos esquecer que...
CADA UN É RESPONSABLE DO SEU LIXO!

PICA AQUÍ .QUE VAI NO COLECTOR  AMARELO?
QUE VAI NO COLECTOR AZUL? 
QUE VAI NO COLECTOR VERDE? 
QUE LEVAMOS AO PUNTO LIMPO? 
CURIOSIDADES SOBRE A RECICLAXE. 
QUE SE FAI CO PLÁSTICO RECICLADO? 

OS SEMENTEIROS DE HORTALIZAS

Acabamos de facer un sementeiro de  coandro, perexil, tomates, leitugas, cebolas e ravos con v!
Que nos medren pronto e ben!

A MITOLOXÍA DA AUGA E O CONCURSO DA AUGA.

Estes días andamos lendo historias sobre os seres imaxinarios que habitan as augas: maruxainas, lumias, ondinas, sereas...
En primeiro ciclo debuxamos así as lumias: metade muller e metade dragón.

E tamén andamos a investigar sobre dez preguntas relacionadas coa auga, par poder participar no sorteo dun libro o próximo luns na biblioteca.


lunes, 15 de abril de 2013

OS ECOSISTEMAS

Estes enlaces e estes vídeos son para aprender un pouquiño sobre os ecosistemas. 
MÁIS SOBRE OS ECOSISTEMAS.


E para coñecer a cadea alimenticia mira estoutros vídeos.

lunes, 8 de abril de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

Aquí temos a Álex e Ainara con cadansúa MOCHILA VIAXEIRA, para gozar en familia dos libros e das películas!


domingo, 7 de abril de 2013

AS PLANTAS



Esta é outra páxina con recursos para aprender sobre as plantas, pero é só para os investigadores máis avanzados.
PICA AQUÍ!
Tamén tedes este vídeo para ver e escoitar con atención. 
 E aquí hai un precioso vídeo sobre o CICLO DE VIDA dunha planta.
    
 

A POLINIZACIÓN

lunes, 1 de abril de 2013

viernes, 22 de marzo de 2013

TANTARANTÁN

No primeiro ciclo aprendemos contos tradicionais, coma "Tantarantán" e  "Os  dedos da man". E aí estades todos na biblioteca, contándollos aos de infantil que vos miran sen pestanexar. Que público máis atento!

domingo, 17 de marzo de 2013

UN VÍDEO PARA PAIS E NAIS PREOCUPADOS POLA EDUCACIÓN PÚBLICA

PARA OS PAIS E NAIS  QUE O QUEIRAN VER, ESTE VÍDEO RECIÉN CHEGADO DUN COLEXIO PÚBLICO DE TERUEL, FEITO POR ALUMNOS E PROFESORES, PREOCUPADOS POLO QUE VAI PASAR COA EDUCACIÓN PÚBLICA E COMO NOS VAI AFECTAR A TODOS,  INDA QUE AGORA MESMO POIDA PARECER ESAXERADO.


E OUTRO VÍDEO MÁIS  QUE FALA ALTO  E CLARO SOBRE O FRACASO ESCOLAR E DA REALIDADE DAS NOSAS AULAS. PARA DEDICARLLE OS VINTE MINUTOS QUE DURA. RECOMENDADO A TODOS OS PAIS E NAIS QUE REALMENTE ESTEAN INTERESADOS NA EDUCACIÓN.

domingo, 3 de marzo de 2013

EN VILATUXE CON ROSALÍA DE CASTRO

Os nenos e nenas da nosa clase recitan así de ben a Rosalía de Castro. Como se alegraría ela  se os poidera ouvir! O poema titúlase, como di o noso presentador Álex, "PARECE UNHA ROSA".
E, ademais, temos a mesmiña  Rosalía de Castro sentada na biblioteca do colexio, con capingó e camelia!

sábado, 16 de febrero de 2013

SÍLABAS TRABADAS PARA PRIMEIRO

Os nenos e nenas de primeiro teñen aquí tres libros LIM para aprender a escribir correctamente os grupos BR BL CR CL FR FL TR TL DR...
PICA AQUÍ!  
PICA AQUÍ!
PICA AQUÍ!

domingo, 10 de febrero de 2013

lunes, 4 de febrero de 2013

O ENTROIDO

O entroido está entrando no noso cole e aí vai un libro LIM  para que coñezades un pouquiño os personaxes  tradicionais do entroido galego.PICA AQUÍ!

viernes, 1 de febrero de 2013

OS SEIS CISNES

Os seis cisnes é o título do conto dos irmáns Grimm que imos ler estes días na clase, por iso vos deixo aquí as catro partes da película.

lunes, 14 de enero de 2013

O SISTEMA SOLAR

Imos ver uns pequenos vídeos para enterarnos un pouquiño de como é o noso sistema solar.

domingo, 13 de enero de 2013

PALABRAS SINÓNIMAS E PALABRAS CONTRARIAS

SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS
ALEGRE-LEDO

Neste libro LIM podedes practicar coas palabras sinónimas e contrarias e aprender vocabulario.PICA AQUÍ! E AQUÍ! TAMÉN AQUÍ!
GORDO-FRACO