Etiquetas

domingo, 23 de junio de 2013

XULIA FALA GALEGO

Xulia é unha nena que vive en Bruxelas ( Bélxica) cos seus pais. Na escola aprende varios  idiomas, pero na súa casa aprende e fala o galego, porque lle gusta, por iso cando vén a Galicia de vacacións se sorprende de que haxa nenos e nenas que non o falen.
Aí vos deixo con Xulia, unha nena da vosa idade moi simpática.ENTRA AQUÍ!

IMOS BRINCAR NO BOSQUE, EN CANTO O LOBO NON VÉN

Aquí tedes unha das cancións de música, para seguir xogando no verán, agora que podedes xogar nas carballeiras.
E esta outra canción vai dedicada aos vosos avós e avoas, para que a escoitedes xuntos. Escoitade que ben soa o piano. A que canta é a señora Carme, a amesma que cantaba a canción de Arao, arao...
 

viernes, 14 de junio de 2013

PROBAMOS O PAN DE MILLO

Álex chegou cun pan de millo (mesturado con trigo) e toda a clase se alegrou moito.
O pan fíxoo o avó de Álex, que se chama Antonio e é panadeiro, así que, dende aquí dámoslle as grazas polo agasallo.
O pan tiña unha cor amarela que parecía "pan de caramelos" e os rapaces e rapazas deseguida deron boa conta del. Robada a robada, miolo e corrosco foi desaparecendo e non quedou migalla del! Máis houbera, máis comeran!
O PAN DO AVÓ ANTONIO

SABE QUE RABEA!

PODES TRAER MÁIS CANDO QUEIRAS!

martes, 11 de junio de 2013

VISITAMOS A FERVENZA DO RÍO TOXA

A FERVENZA DO RÍO TOXA, AFLUENTE DO RÍO DEZA.

 AÍ ESTADES, ASOMADOS AO MIRADOIRO DA FERVENZA!

ALGÚNS PÁSANO MOI BEN!

 AO PÉ DA FERVENZA.

COMO COMEN, CALQUERA OS MANTÉN!

domingo, 9 de junio de 2013

NÓS TAMÉN CREAMOS POEMAS

Á beira do río Deza, rodeados de prados e carballeiras, pasamos unha soleada mañá de xuño, aprendendo a coñecer as árbores, arbustos e plantas
máis comúns e escribindo poemas arredor da auga. 
Á volta realizamos unha boa acción: apañamos o lixo que atopamos tirado nas cunetas, o lixo que inda hai xente que tira inconscientemente polo chan, sen pensar que está maltratando a mesma terra que nos alimenta a todos.


Se entras abaixo podes ler as túas creacións e as dos teus compañeiros e compañeiraSs.
ENTRA AQUÍ! 





martes, 4 de junio de 2013

PROXECTO AUGA: VISITA AO MOSTERIO DE CARBOEIRO

Case rodeado pola auga do río Deza, érguese o mosteiro de Carboeiro que visitamos o venres. Como relucían as pedras, as árbores, a auga... Que sorte tivemos co día e que ben o pasamos, non si?






MÁIS POEMAS DA AUGA