Etiquetas

sábado, 28 de marzo de 2015

ECOSISTEMAS E POESÍA

O venres reunímonos todo o colexio na biblioteca para recitar poemas relacionados cos ecosistemas que estamos estudando. Os nosos referíanse ao monte. Un era de Neira Vilas e os outros dous de Manuel María. Despois de traballar a súa lectura ao longo da semana, quedaron así.



Ademais, gravamos o poema de Manuel María titulado  o LOBO. Fixemos un pequeno vídeo, con imaxes de lobos e coas nosas voces e así quedou!

miércoles, 18 de marzo de 2015

ESPANTALLO AMIGO

 Para coidar   cada figo naceu  o Espantallo amigo...
Despois de ler a noveliña de Xosé Neira vilas acudimos ver ao grupo de teatro Os Quinquilláns, que adaptaron esta obra. Gustounos moito ver ao can Penexo, ao gato Xirimía ao Grilo e ao Tío Ramón de Reborneda.



A semana pasada tamén fomos  ver ao grupo de títeres Fantoches Baj, que estrearon a  obra musical  Pedro e o lobo, coa música de Sergei Prokofiev. 
No vídeo de baixo podédelos ver no seu obradoiro, construíndo os títeres.

viernes, 6 de marzo de 2015

MULLERES TRABALLADORAS, NENAS TRABALLADORAS

Este é un trabalo feito por compañeiros de outro colexio para coñecer a algunhas das máis importante mulleres traballadoras da historia, que nos foron abrindo camiño en moitos campos.