Etiquetas

martes, 16 de octubre de 2012

POR FÓRA E POR DENTRO


QUE VEMOS NO NOSO CORPO POR FÓRA E POR DENTRO? 
Xogos para ósos, músculos, articulacións...

OS MÚSCULOS DO NOSO CORPO


Como por riba dos ósos están os músculos , imos aprender algo sobre eles neste libro LIM.
PICA AQUÍ! 

OS ÓSOS DO NOSO CORPO



Para aprender como se chaman os ósos do noso corpo tedes aquí un libro LIM,para aprender xogando.
PICA AQUÍ! 

lunes, 15 de octubre de 2012

UUUUUUH...! AI MAMAÍÑA QUE MEDO!


Está a chegar o tempo do Samaín, coas súas cabazas, coas súas caveiras, cos seus esqueletos, pero os rapaces e rapazas da nosa clase son os máis valentes de todo o colexio e de seguro que ningún se asusta con estas dúas curtas de medo que vos deixo aí. Espero que ningún ou ningunha se esconda debaixo da mesa!

E TAMÉN HAI UN LIBRO LIM PARA XOGAR!
PICA AQUÍ!

domingo, 14 de octubre de 2012

OS XOGOS DA VACA CONNIE

Aquí vos deixo os xogos da vaca Connie, para que o pasedes moi ben. Xa vedes que ten nome inglés. Sabedes como se chamaban as vacas que tiña eu cando era coma vós? Pois  tñan uns nomes moi bonitos, chamábanse  a Ghalleira, a Pichona, a Toura e a Linda.
PICA AQUÍ para oír contos, xogar a escribir palabras de animais e froitas, escribir letras e números, xogar ás diferenzas, facer crebacabezas...