Etiquetas

jueves, 22 de noviembre de 2012

COÑECEMOS A ÁNXELES FERRER

Na clase estamos preparando a lectura  "Os señores meses", de Ánxeles Ferrer. Álex está interesado en saber cousas dela, para coñecela un pouquiño, así que aí a tedes!

Se premedes aquí, ademais de saber onde naceu e o que lle gustaba facer de pequena, veredes a portada dos libros que escribiu e que temos case todos na nosa biblioteca. Así que xa sabedes, a lelos!

lunes, 19 de noviembre de 2012

PROXECTO AUGA: OS NENOS E NENAS DA CLASE QUEREN SABER…

-->
POR QUE A AUGA DO MAR É SALGADA?
O sal (cloruro sódico) vén da terra e das rochas. Durante millóns de anos os ríos foron arrastrando ese sal cara o mar.
A auga dos ríos ten moi pouco sal disolto, pero como todos os ríos van dar ao mar, xúntase todo o sal alí.
Pica aquí e coñecerás o mar Morto!Aquí!

miércoles, 14 de noviembre de 2012

martes, 13 de noviembre de 2012

LEO LIONNI

Queriades coñecer a Leo Leonni? Pois aquí o tedes! O autor de Nadarin escribiu moitos contos. Algúns deles podédelos ler na biblioteca : PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO  e FREDERICK.PICA AQUÍ PARA SABER DA SÚA VIDA!

lunes, 29 de octubre de 2012

ÓSOS E MÚSCULOS DO CORPO

APRENDER OS ÓSOS E OS MÚSCULOS DO NOSO CORPO XOGANDO!
 Aquí tedes dous xogos para aprender eses nomes tan raros que teñen os ósos e os músculos do corpo!
PICA AQUÍ! ósos e músculos

PICA AQUÍ!Para repasar ósos e músculos


jueves, 25 de octubre de 2012

ASÍ TRABALLAMOS NA NOSA CLASE

Así de ben traballamos ás veces, en silencio e concentrados, para facer as cousas ben e erguendo a man cando se precisa a axuda da profesora.