FÍXATE, NO TÍTULO DESTE LIBRO HAI DOUS NOMES. CALES SON?
Neste libro poderás aprender a diferenzar os nomes comúns e os propios, os individuais e os colectivos. Tamén poderás aprender a diferenzar o masculino do feminino; o singular do plural e os artigos. PICA AQUÍ!
Aquí estades, os Reis e Raíñas da clase! Da gusto vervos, ensaiando a panxoliña baixo a dirección de Gisela! E que non se mova ninguén, eh! Portádevos ben e que vos traian algunha cousiña os Reis Magos e o Apalpador vos apalpe a barrigola a ver se estades ben mantidiños!
Aquí tedes unhas preciosas e divertidas cancións da radio e televisión galegas para aprender a cantar. A ver se vos gustan tanto coma a min! PICADE AQUÍ!
Tanto Abel coma Íker querían saber quen era o autor deses poemas tan divertidos que estamos lendo na clase. Investigando, investigando, aí tedes a Erich Kästner! PICA AQUÍ!