Etiquetas

viernes, 7 de febrero de 2014

ROSALÍA!

O 23 de febreiro celebraremos o día de Rosalía de Castro, a nosa querida poetisa,  e para comezar a gozar dos seus poemas escoitaremos un deles,"Adiós ríos, adiós fontes", musicado polo cantante leonés Amancio Prada.
E para coñecela un pouquiño, aquí tedes un álbum de fotos.ENTRA E MIRA.

Máis abaixo podedes ver os cadros pintados polo seu fillo Ovidio Murguía de Castro.

O CARRIÑO DE VÍCTOR

Estes días foi o papá de Víctor o que nos fixo un carriño. Este, ademais de ter eixo, estadullos, cabezalla e chavella, coma o carriño de Antía, ten canizas, para que non lle caia a carga e un xugo para enganchar o carro ás vacas! Agora xa só nos faltan as vacas para que o carro comece  a andar e a cantar!

miércoles, 29 de enero de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS

Onte partiron cara a casa dos nenos/as as mochilas viaxeiras, unha para cada curso, cheas de libros e películas, para gozar deles en compañía!

O CARRIÑO DE ANTÍA

Este é o bonito carro que nos fixo o pai de Antía, cos seus estadullos, co seu eixo, coa súa cabezalla, coa súa chavella...!


miércoles, 22 de enero de 2014

ASÍ LEMOS!

Estes día, os nenos  e nenas de primeiro e segundo, preparamos a lectura do poema O carro de Manuel María e aquí están os resultados.

jueves, 16 de enero de 2014

O CARRO

Este grupo galego chámase Fuxan os ventos e aquí están cantando unha canción que se titula O carro,  inspirada no poema de... Manuel María. Si, si, o mesmiño que vós estades lendo na clase!




O
 CARRO

MASCULINO E FEMININO



APRENDE QUE PALABRAS SON MASCULINAS E CALES FEMININAS!