Xa rematamos os nosos libros sobre o reino de Galicia e, como remate, fixemos a sesión de fotos. Por un intre, todos fomos Ordoño II e Aragonta, a raíña nacida e criada na comarca do Deza. A foto está tirada no salón do seu Pazo Real, en León, co escudo ao fondo, mentres soaba a Marcha do antigo reino de Galicia! Viva o rei Ordoño! Viva a raíña Aragonta...! E moitas grazas a Lorena pola súa colaboración!
Hoxe, na biblioteca, celebramos o Día das Letras Galegas, homenaxeando a Manuel María, pero pola mañá, na clase, ensaiamos os dous poemas escollidos: Galicia e O río. Os dous pertencen ao libro de poemas, Os soños na gaiola.
Despois de ler diferentes poemas do libro Os soños na gaiola de Manuel María, cada un escolleu o que máis lle gustaba e preparou o seu recitado. Que ben vos portastes e que ben o fixestes! Estou orgullosa de vós!