Etiquetas

viernes, 1 de julio de 2016

A PRINCESA VIOLETA

Aquí tedes  o ensaio final no auditorio desta pequena comedia. Como xa sodes expertas actrices e  expertos actores, saiuvos así de ben! Parabéns a cada un de vós!
Agora, a gozar do verán, para coller forzas para o novo curso.
Pasádeo ben!

miércoles, 22 de junio de 2016

ENSAIAMOS A OBRA DE TEATRO

Na aula de música, a correr, coma sempre, ensaiamos a obra de teatro. Momentos divertidos, nervios e  moitas  risas quedan para o recordo.



violeta - Kizoa Editar Videos - Movie Make


Fotos e máis fotos, antes de ir ao auditorio representar a obra.
E que guapos e guapas  estades!

lunes, 30 de mayo de 2016

ORDOÑO II E ARAGONTA

Xa rematamos os nosos libros sobre o reino de Galicia e, como remate, fixemos a sesión de fotos.
Por un intre, todos fomos Ordoño II e Aragonta, a raíña nacida e criada na comarca do Deza.
A foto está tirada  no salón do  seu Pazo Real, en León, co escudo ao fondo, mentres soaba a Marcha do antigo reino de Galicia! 
Viva  o rei Ordoño!  Viva a raíña Aragonta...!
E moitas grazas a Lorena pola súa colaboración!


lunes, 16 de mayo de 2016

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS


Hoxe, na biblioteca, celebramos o Día das Letras Galegas, homenaxeando a Manuel María, pero pola mañá, na clase, ensaiamos os dous poemas escollidos: Galicia e O río. Os dous pertencen ao libro de poemas, Os soños na gaiola.

jueves, 12 de mayo de 2016

RECITAMOS A MANUEL MARÍA!

Despois de ler diferentes poemas do libro Os soños na gaiola de Manuel María, cada un escolleu o que máis lle gustaba e preparou o seu recitado.
Que ben vos portastes e que ben o fixestes! Estou orgullosa de vós!