Etiquetas

domingo, 18 de septiembre de 2016

CABICHAS

Fixádevos o que contamina unha cabicha. E as persoas fumadoras tíranas todas ao chan!

TOLERANCIA

Esta curtametraxe está relacionada coa lectura dun fragmento dun libro de Agustín Fernández Paz, titulado Valados, que  realizamos o outro día na clase. Para reflexionar.

viernes, 1 de julio de 2016

A PRINCESA VIOLETA

Aquí tedes  o ensaio final no auditorio desta pequena comedia. Como xa sodes expertas actrices e  expertos actores, saiuvos así de ben! Parabéns a cada un de vós!
Agora, a gozar do verán, para coller forzas para o novo curso.
Pasádeo ben!

miércoles, 22 de junio de 2016

ENSAIAMOS A OBRA DE TEATRO

Na aula de música, a correr, coma sempre, ensaiamos a obra de teatro. Momentos divertidos, nervios e  moitas  risas quedan para o recordo.



violeta - Kizoa Editar Videos - Movie Make


Fotos e máis fotos, antes de ir ao auditorio representar a obra.
E que guapos e guapas  estades!

lunes, 30 de mayo de 2016

ORDOÑO II E ARAGONTA

Xa rematamos os nosos libros sobre o reino de Galicia e, como remate, fixemos a sesión de fotos.
Por un intre, todos fomos Ordoño II e Aragonta, a raíña nacida e criada na comarca do Deza.
A foto está tirada  no salón do  seu Pazo Real, en León, co escudo ao fondo, mentres soaba a Marcha do antigo reino de Galicia! 
Viva  o rei Ordoño!  Viva a raíña Aragonta...!
E moitas grazas a Lorena pola súa colaboración!