Etiquetas
- ABECEDARIOS (1)
- ADIVIÑAS (1)
- ADXECTIVOS (1)
- ALIMENTACIÓN (4)
- ANIMAIS (10)
- APARATO CIRCULATORIO. CORPO HUMANO (1)
- APARATO DIXESTIVO (1)
- APARATO RESPIRATORIO. CORPO HUMANO (1)
- ARTE (1)
- CANCIÓNS (14)
- CELEBRACIÓNS (1)
- CIENCIA. OS NOSOS VECIÑOS PREDILECTOS (1)
- CIÉNTIFICOS (1)
- COIDAMOS A TERRA (2)
- CONTOS (5)
- CONTOS GALEGOS (4)
- contos infantil (5)
- CONTOS PRIMEIRO CURSO (1)
- COÑECEMENTO DO MEDIO (17)
- CORPO HUMANO (10)
- CREACIÓNS DOS ALUMNOS (1)
- CURTAS (3)
- CURTAS DE ANIMACIÓN (7)
- DENTADURA.CORPO HUMANO. (1)
- DICIONARIO GALEGO (1)
- EDUCACIÓN ARTÍSTICA (1)
- EMOCIÓNS (3)
- FOTOGRAFÍAS (38)
- GRAMÁTICA DO GALEGO (1)
- HISTORIA (1)
- INFANTIL (5)
- INFANTIL VALORES (25)
- INFOGRAFIA (2)
- IOGA (7)
- LECTURAS EN CASTELÁN (2)
- LECTURAS EN GALEGO (1)
- LECTURAS PARA INVESTIGAR (3)
- LIBROS LIM (1)
- LITERATURA. COÑECEMOS AOS ESCRITORES (7)
- MEDIOAMBIENTE VIDEOS (4)
- MEDO (1)
- MÚSICA (7)
- O UNIVERSO (4)
- OBRADOIRO DE ESCRITURA (2)
- ORDEN ALFABÉTICO (1)
- ORTOGRAFÍA LENGUA CASTELLANA (1)
- ORTOGRAFÍA LINGUA GALEGA (3)
- OUTRAS REALIDADES (1)
- PAISAXES (3)
- PARA MIN (10)
- PARA NAIS E PAIS (18)
- PLANTAS E ÁRBORES (3)
- POESÍA (3)
- POESÍAS EN GALEGO (3)
- PRESENTACIÓNS (1)
- PRIMEIRO CURSO (24)
- PROXECTO AUGA (1)
- PROXECTO ECOSISTEMAS (5)
- PROXECTO HISTORIA (3)
- PROXECTO: SOMOS AGRICULTORES (15)
- PSICOMOTRICIDADE INFANTIL (10)
- REC (1)
- RECICLAXE E MEDIO AMBIENTE (19)
- SEGUNDO E TERCEIRO (21)
- SINÓNIMOS E CONTRARIOS (1)
- TEATRO (6)
- TRABALINGUAS (2)
- TRADICIÓNS GALEGAS (1)
- VALORES (35)
- VIDEOS DOS NENOS (27)
- VÍDEOS INTERESANTES (7)
- XEOGRAFÍA (5)
- XOGOS (2)
lunes, 13 de abril de 2015
BARRIGAVERDE
Despois de investigar un pouquiño que era un pazo, os elementos que tiña, etc., fomos de visita ao pazo de Liñares. Alí, ademais de ver o pazo, visitamos o museo da marioneta e percorremos a exposición sobre Barriga Verde, o personaxe que percorría as feiras e festas das vilas e cidades galegas a mediados do século pasado e que moitos aínda lembramos.
sábado, 28 de marzo de 2015
ECOSISTEMAS E POESÍA
O venres reunímonos todo o colexio na biblioteca para recitar poemas relacionados cos ecosistemas que estamos estudando. Os nosos referíanse ao monte. Un era de Neira Vilas e os outros dous de Manuel María. Despois de traballar a súa lectura ao longo da semana, quedaron así.
Ademais, gravamos o poema de Manuel María titulado o LOBO. Fixemos un pequeno vídeo, con imaxes de lobos e coas nosas voces e así quedou!
miércoles, 18 de marzo de 2015
ESPANTALLO AMIGO
Para coidar cada figo naceu o Espantallo amigo...
Despois de ler a noveliña de Xosé Neira vilas acudimos ver ao grupo de teatro Os Quinquilláns, que adaptaron esta obra. Gustounos moito ver ao can Penexo, ao gato Xirimía ao Grilo e ao Tío Ramón de Reborneda.
Despois de ler a noveliña de Xosé Neira vilas acudimos ver ao grupo de teatro Os Quinquilláns, que adaptaron esta obra. Gustounos moito ver ao can Penexo, ao gato Xirimía ao Grilo e ao Tío Ramón de Reborneda.
A semana pasada tamén fomos ver ao grupo de títeres Fantoches Baj, que estrearon a obra musical Pedro e o lobo, coa música de Sergei Prokofiev.
No vídeo de baixo podédelos ver no seu obradoiro, construíndo os títeres.
viernes, 6 de marzo de 2015
MULLERES TRABALLADORAS, NENAS TRABALLADORAS
Este é un trabalo feito por compañeiros de outro colexio para coñecer a algunhas das máis importante mulleres traballadoras da historia, que nos foron abrindo camiño en moitos campos.
jueves, 26 de febrero de 2015
ANIVERSARIO DE ROSALÍA, ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
O coñecido poema de Rosalía de Castro revive nas voces das nenas de segundo. E digo nenas, porque cadrou que os nenos non puideron vir á escola a causa da gripe, que este ano non acaba de marchar.
Dá gusto escoitarvos, inda con catarro! A Rosalía tamén lle gustaría!
Dá gusto escoitarvos, inda con catarro! A Rosalía tamén lle gustaría!
sábado, 21 de febrero de 2015
viernes, 20 de febrero de 2015
FEBREIRO
Que febreiro é un mes moi frío xa o sabían os noso avós, bisavós, tataravós...Non hai máis ca escoitar esta cantiga popular que aprendemos na clase e que agora recitades vós. Dá gusto oirvos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

